Mostrando entradas con la etiqueta Poemas (L.Gallega). Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Poemas (L.Gallega). Mostrar todas las entradas

martes, 18 de septiembre de 2012

Perdin un bico na sombra

Perdín un bico na sombra.
Non sei se ata ti chegou.
Os meus beizos están tristes.
A ver se alguén o atopou.

Xa falei coa roseira
e díxome que non o viu;
tamén falei coas pombas
e nin viron para min.

E falei coas camelias
que viñan en abril:
miraron para outro lado
contando desculpas mil.

Perdín un bico na sombra.
E xa estou desesperado.
Era un bico silandeiro.
Era un bico namorado.

Autor: Antonio Garcia Teijeiro


Este poema o fixemos eu e os meus compañeiros en clase a se me olvidou dicir que estou en 5º curso e estou cunha profesora chamada Ana que tamen e seguidora de este blog.

lunes, 14 de noviembre de 2011

O Outono




Comenza o Outono,

as follas caen,

e forman un manto de cores.


Comenza o Outono,

ondes reina o vento,

e os nenos xogan cos papaventos.



Comenza o Outono.

chegan as tormentas,

alcanzan os cables,

e temos que encender as velas.


domingo, 30 de octubre de 2011

Poesia: A noite do Samaín














Chegou a noite do Samaín,
os pantasmas asustan o pobo,
porque teñen moita fame,
de caramelos e doces.

Na noite do Samaín,
os zombis regresan,
atrapan a xente,
e danse un festín.

Empeza a noite do Samaín,
os sapos camiñan polo bosque,
pero case nunca saen vivos,
porque as bruxas os collen.

Autor: Ían

miércoles, 10 de febrero de 2010

Poema: A Lúa e a nena dourada











Este poema o fixen eu e os meus compañeiros de clase, todo empezou asi. No libro de poemas "Á sombra do lueiro de papel" de Ed. Everest, Antonio García Teijeiro propón continuar un poema que el empeza así:

Xa vén dona Lúa
cantándolle arrolos
á nena dourada
que eu teño no colo.

Eu e o resto continuámolo así:

Xa vén dona Lúa
recitando cantigas
dálle alegría
a nena durmida.

Xa vén dona Lúa
á nena entreter
co seu axóuxere
faina tremer.

Xa vén dona Lúa
o berce abanear
cos raios fermosos
fai á nena brillar.

Autores/as: nenos/as de 2º de Primaria de C.E.I.P A Rúa.

martes, 19 de enero de 2010

Poema


Á unha, sae a Lúa,
ás dúas, sae o Sol,
ás tres, ti ben o ves,
ás catro, non sei canto,
ás cinco, de viño branco faise tinto,
ás seis, cantan os reis,
ás sete, tira Pepe
e de sete para riba, tira Pepe tira,
ás oito, de pan de trigo faise biscoito,
ás nove, non casa a muller sen o home,
ás dez, non vai a cabra para o monte sen pés,
ás once, pasa o río por debaixo da ponte,
ás doce, non hai porco que non foce,
ás trece non hai crego que non rece,
ás catorce, ti retorce.


Autora: Meninheira