
Canción: Formigas Espaciais
Somos formigas,
Somos de "A Rúa",
Traballamos sen parar
Tanto na Terra
Coma no Espazo
Estamos a investigar.
Viaxamos cara a lúa
Nun foguete espacial
Para observar se había
Algún resto de animal.
Rebuscamos coas antenas
Que son lupas moi potentes
Comprobamos con asombro
Que é todo diferente.
(Retrouso)
Regresamos para a Terra
E quedamos abraiados
Cando estudamos as plantas
Descubrimos o Saguaro.
Este Cacto tan enorme
Vive ata trescentos anos
Os seus froitos son moi doces
Sábelles ben aos Papagos.
(Retrouso)
Autor: Nenos e nenas de primeiro ciclo de primaria.
Música: La cucaracha.
No hay comentarios:
Publicar un comentario